Traducción e interpretación en Vigo

Linguas estranxeiras

 Son Diplomada en Estudos Avanzados de Tradución e Interpretación, do Programa de Tradución e Paratradución, pola Universidade de Vigo. Actualmente estou a realizar a miña Tese Doutoral sobre a Paratradución da Literatura Infantil e Xuvenil.

No curso 2011- 2012 cursei o Mestrado Universitario en Ensinanza Secundaria na especialidade de Linguas Estranxeiras.

 

Dispoño de licencia, concedida pola Xunta de Galicia, para realizar traducións xuradas do francés ao galego e viceversa.

Seguín varios cursos de francés na Alianza Francesa en Vigo. Até acadar o nivel C1 do Marco Europeo de Referencias para as Linguas e o primeiro nivel de Francés dos Negocios.

 

Obtiven o Diploma equivalente ao C1 en portugués, expedido polo Centro de Linguas da Universidade de Vigo en colaboración co Instituto Camões.

 

Ao validar os meus estudos do Grao en Tradución e Interpretación, obtiven o Diploma CELGA V, que equivale ao nivel C2.

tamara

Fotografía realizada por: Hugo Sa Ferreira

Cunha bolsa Erasmus, pasei o curso académico 2005 – 2006 na Universidade de Silesia, en Katowice (Polonia), onde comecei os meus estudos de lingua polonesa, (no Instituto de Estudos Poloneses). En xullo do 2007 estudei o módulo A2 de polonés na Escola de Lingua e Culturas Polonesas da Universidade Jagéllonica de Cracovia. Ao ano seguinte, no mesmo centro, conseguín o nivel A2+.

 

Despois do meu ano Erasmus, participei no “Programa de Voluntariado: Apoio a novos estudantes estranxeiros”, organizado pola ORI (Oficina de Relacións Internacionais) da Universidade de Vigo.

 

Tres estadías lingüísticas dun mes en Dublín e unha dun mes en París en 2003, nesta última realicei un curso intensivo de francés na Alianza Francesa. Ademais de estadías de vacacións en varios países europeos, entre eles Francia, Alemaña, República Checa, Austria, Italia,...

 Veña a coñecernos, agardámoslle en:

Vigo