Tradución xurada en Vigo

A nosa axencia conta cos profesionais máis cualificados para levar a cabo calquera labor relacionado coa tradución. Estes son os servizos que ofrecemos en Traducionstam

Traducción

Traducimos todo tipo de textos, tanto técnicos e legais coma literarios. Contamos cun equipo que posúe vastos coñecementos en distintos idiomas e que nos permite ofrecer un servizo profesional, preciso e de calidade. As traducións que levamos a cabo son exactas e realízanse dentro dos prazos estimados.

Textos legais

traducimos textos e documentos de carácter legal dun idioma a outro. Estes poden ser públicos ou privados, dependo do organismo ou negocio que os emitira. Ao ter sido redactados por profesionais, constan de moitos tecnicismos que non adoitan empregarse na vida ordinaria e poden resultar extremadamente complexos. Por iso, é importante traducir-los e interpretar-los do xeito máis rigoroso e exacto posible.

Textos técnicos

traducimos aqueles documentos que conteñen a terminoloxía especializada dun determinado ramo ou profesión (telecomunicacións, química, enxeñería, construción, automobilismo, electrónica, medicina, metalurxia, etc.), coma por exemplo as guías de usuario ou os manuais de propietario. Para traducir este tipo de textos requírese a intervención dun profesional, xa que conten moitas palabras que non se usan na linguaxe diaria

Textos literarios

traducimos obras e textos literarios a outros idiomas. Este tipo de tradución difire bastante das anteriores. A súa principal dificultade radica na magnitude das obras, xa que estas poden abranguer desde uns poucos parágrafos ate milleiros de páxinas. Ademais, o profesional encargado de desempeñar esta tarefa debe de traducir os textos con precisión, pero sen eliminar a beleza característica da obra no seu idioma orixinal, polo que moitas veces é necesario engadir algunha adaptación.

Interpretación xurídica e revisión de textos traducidos


Colaboramos coma interpretes en contextos xurídicos para facilitar a comunicación entre os falantes de distintas linguas. Ademais realizamos unha rigorosa revisión de textos para comprobar que a tradución é correcta.

Clases de idiomas


Tamén nos dedicamos ao ensino de distintos idiomas como segundas linguas estranxeiras. Impartimos clases para todos aqueles interesados en aprender ou practicar un idioma

Tradución xurada francés – galego – francés


E outras combinacións en colaboración. Realizamos traducións xuradas (seladas e asinadas por un interprete – tradutor). Estas posúen un carácter oficial perante os organismos públicos e as autoridades

Necesita unha tradución xurada?  Póñase en contacto connosco!