|
|||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
|||||||||||||||||||||||||||||
| MENU | TRADUTORA E INTÉRPRETE | ||||||||||||||||||||||||||||
| Currículo | ![]() |
||||||||||||||||||||||||||||
| Linguas | |||||||||||||||||||||||||||||
| Tipoloxía de textos | |||||||||||||||||||||||||||||
| Prazos de entrega | |||||||||||||||||||||||||||||
| Prezos | |||||||||||||||||||||||||||||
| Ferramentas en liña |
|
||||||||||||||||||||||||||||
| Contacto | |||||||||||||||||||||||||||||
|
Tamara Aymerich Correa
|
|||||||||||||||||||||||||||||
| CURRICULO |
|||||||||||||||||||||||||||||
| FORMACIÓN ACADÉMICA
E COMPLEMENTARIA Son unha Diplomada de Estudos Avanzados en Tradución e Interpretación, do Programa de Tradución E Paratradución, pola Universidade de Vigo. Pendente de comenzar a realización da miña Tese de Doutoramento. No curso 2011-2012 cursei, na Universidade de Vigo, o Mestrado de Profesorado de Secundaria, na súa especialidade de Linguas Estranxeiras. Teño habilitación, concedida pola Xunta de Galicia, para a realización de traducions xuradas do francés ao galego e viceversa. Rematei o sexto, e derradeiro, curso de Francés na Alianza Francesa de Vigo. Actualmente sigo un curso especial para acadar o nivel C1 do cadro europeo común de referencia para as Linguas, e outro do primeiro nivel de Francés dos Negocios. Teño previsto, nun futuro, desprazarme a París para a obtención do DHEF (Diploma de Altos Estudos Franceses, pola súas siglas en francés), e para seguir un curso de francés xurídico. Posuo o Diploma DELF, no nivel B2, (Diploma de Estudos da Lingua Francesa, polas súas siglas en francés) emitido polo Ministerio de Educacion Nacional da República Francesa. E estou a preparar a obtención do DALF (Diploma Avanzado de Lingua Francesa, polas súas siglas en francés), tamén emitido polo Ministerio de Educación francés. Por convalidación dos estudos da Licenciatura en Tradución e Interpretación, obtiven o Diploma CELGA V (de coñecemento da Lingua Galega), que é equivalente ao nivel C2. Cunha Bolsa Erasmus, pasei o curso academico 2005-2006 na Universidade de Silesia, en Katowice (Polonia). Onde comencei os meus estudos da lingua polonesa, no Instituto de Estudos Poloneses. En xullo de 2007 cursei o módulo europeo A2 de polaco na Escola de Lingua e Cultura Polaca, da Universidade Jagiellonska de Cracovia. No ano seguinte acadei, no mesmo centro, o nivel A2+. Despois do meu ano Erasmus, participai no "Programa de Voluntariado: Apoio a estudantes estranxeiros de nova incorporación", organizado pola O.R.I. (Oficiña de Relacións Internacionais) da Universidade de Vigo. Tres estancias lingüisticas dun mes en Dublin, y unha dun mes en Paris no 2003, na que seguin un curso intensivo de francés na Alianza Francesa. Ademais de estancias vacacionais en varios paises europeos, entre outros Francia, Alemaña, República Checa, Austria, Italia,... Asistente os seguintes Congresos e cursos: V Simposio Galego de Tradución, organizado pola ATG (Asociación de Tradutores Galegos). I Congreso Internacional e Política editorial de Literatura infantil e xuvenil. I Congreso de tradución para a dobraxe, organizado pola AGPTI (Asociación Galega de Profesionais de Tradución Interpretación). Curso de "Tradución editorial: calidade e xestión de proxectos", dentro do programa "Cursos de extensión universitaria, 2007" da Universidade de Vigo. Obradoiro de Extensión Universitaria "OpenOffice avanzado a suite ofimática do Software Libre en galego", realizado dende o 09/03/2009 na ETSE de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, impartido por Claudio F. Filho. Curso de Portugués para Estudantes de Intercambio e Outros Interesados, organizado polo Centro de Linguas da Universidade de Vigo, dende o 6 ao 17 de setembro de 2010. O nivel acadado foi equivalente ao A2. 5º Seminário HOT- Hands-on Translation: Investigação em Estudos de Tradução, organizado pelo BabeliUM, Centro de Linguas do Instituto de Letras e Ciências Humanas da Universidade do Minho (Braga) nos dias 22 e 23 de Outubro de 2010. Curso de Formación Continua da AGPTI sobre Tradución médica inglés español, impartido polo profesor Fernando Navarro, os días 29 e 30 de abril de 2011. II Curso de Formación Continua da AGPTI sobre Tradución médica inglés español, impartido polo profesor Fernando Navarro, os días 24 y 25 de febreiro de 2012. Curso de Formación Continua da AGPTI sobre coaching, impartido por Xosé Castro Roig, o día 21 de abril de 2012. EXPERIENCIA Actualmente colaboro coa ONG Tradutores sen Fronteiras, con sede na FFT da Universidade de Vigo. para o que traducín: Indonesia: endangered Dayak Tribe, tradución do castelán ao inglés para a ONG Rette den Regenwald. Message Stories, tradución do inglés ao castelán para a ONG Emocions Anónimas. Beauty and the Beast Song, tradución do inglés ao galego, para unha coral de Cangas do Morrazo. Global: Oppose "responsible" soya greenwash, tradución do inglés ao castelán para a ONG banGMfood. Colaboro tamén co grupo MDKtrans, que se adica a tradución do software e documentación de Mandriva,distribución francesa de Linux, e coa Fundación Mageia, que xestiona unha distribución de Linux derivada de Mandriva. Traducín un libro sobre Sinais e Sistemas, do inglés ao castelán, para un estudante da carreira de Enxeñeria de Telecomunicacions. Tradución do Catálogo 2012 da empresa FORBO, do francés ao castelán, para S y C Estudio S.L. |
|||||||||||||||||||||||||||||
| Volver ó menú principal | |||||||||||||||||||||||||||||
| LINGUAS | |||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||
| Volver ó menú principal | |||||||||||||||||||||||||||||
| Especializada en tradución de textos económicos, xuridicos e audiovisuais. | |||||||||||||||||||||||||||||
| Volver ó menú principal | |||||||||||||||||||||||||||||
| Os prazos de entrega seran flexibles. Dependerán do número de palabras e da complexidade do texto. | |||||||||||||||||||||||||||||
| Volver ó menú principal | |||||||||||||||||||||||||||||
| PREZOS | |||||||||||||||||||||||||||||
| Tarifas para clientes directos (para axencias a negociar),
anteriormente recomendadas pola AGPTI (Asociación
Galega de Profesionais de Tradución e
Interpretación). Consideranse linguas grupo 1 as
indicadas na táboa de Linguas,
agás o polones. |
|||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||
| Volver ó menú principal | |||||||||||||||||||||||||||||
| FERRAMENTAS EN LIÑA | |||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||
| Volver ó menú principal | |||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
|||||||||||||||||||||||||||||
| Actualizada 17-5-2012 |
Volver ó menú principal | ||||||||||||||||||||||||||||